31/10/11

Capítulo 04 "Currar ou non Currar"

Despois dunha temporadiña de descanso volven Cabixo máis Moncho con novas pánfiladas neste cuarto capítulo. Esperamos que o disfrutedes.

27/7/11

Capítulo 03 "O Ascenso"

Neste terceiro capítulo Pánfilos SA fan a súa particular homenaxe á UD Carral e a tódolos seus xogadores polo ascenso acadado nesta temporada.
Noraboa de parte dos pánfilos Caba, Miele e Tines.

17/6/11

Cap 02 "O Camiño de Santiago"

Para este 2° capítulo Moncho máis Cabixo regresan con outra das súas historias. Nesta ocasión falarán dun meigallo ou mal de ollo e da peregrinación a Santiago.Esperamos que sexa do voso agrado, un saudo e hasta a próxima, Pánfilos SA.

11/6/11

Gravando

O venres pasado estivemos gravando o segundo capítulo de Pánfilos SA asique se non surxe ningún problema, malo será, esperamos telo colgado neste blog o xoves ou venres a máis tardar.

26/5/11

Cap 01 "As Eleccións"

Trala resaca electoral da pasada fin de semana Panfilos SA amosan a súa "particular" visión das eleccións neste capítulo de debut.

25/5/11

Arrancamos

Xa temos listo o capítulo piloto de Pánfilos SA titulado "As Eleccións".
Esperemos que sexa o primeiro de moitos e vos que o vexades.
Un saudo:
Cabanas, Miele e Tines

Pdta: tamén inaguramos hoxe o facebook e o twitter.